8 mar. 2010

Unha data obrigada: 8 de Marzo

TECLADO INVITADO: NICOLE PEREZ (Alumna de Historia y Teoria de los Derechos Humanos).

Como cada ano, o día 8 de Marzo constitúe unha data de obrigada conmemoración.
Trátase dunha data de celebración universal que, sobre todo, é , e así o debe ser, unha xornada de forte reivindicación social.
Nesta data, na que conmemoramos o día Internacional da Muller, debemos lembrar o labor realizado polas nosas precusoras; así como algún dos sucesos que xustificaron a escolla deste día.
Neste punto, resulta acaído realizar unha breve reflexión pola historia da procura dos nosos dereitos , así como un breve repaso entre as principais figuras feministas do S.XX, entre as que adquiren principal importancia o traballo e loita de numerosas activistas comunistas e socialistas; a pesares do intento da Historiografía occidental por suprimir as súas referencias históricas ó consideralas excesivamente vinculadas coa causa comunista.
Non obstante, a o certo é, que a Revolución Rusa consolidou a data do 8 de marzo como o Día Internacional da Muller e anos máis tarde esta data foi adoptada pola ONU nunha resolución do ano 1977.
É indubidabel que os comezos da loita polos dereitos da muller, enmarcábanse no contexto dos inicios do movemento obreiro, donde as diferenzas de xénero agudizáronse profundamente.
Néste ámbito cabe sinalar como principal referente á comunista alemana Clara Zetkin, incuestionabel feminista do S.XX.
Nos seus inicios, as principais reclamacións das mulleres xiraban entorno ó recoñecemento de Dereitos políticos( recoñecemento do sufraxio feminino) e de Dereitos laborais ( dereito á non discriminación no traballo e melloras nas condicións laborais).
As activistas feministas de comezos do Século XX, enfréntaronse ante condicións laborais pésimas, continuadas actividades discriminatorias, escasos dereitos económicos, políticos, sociais…
A segregación do mercado laboral,por exemplo, é unha cuestión que a día de hoxe, segue sen resolver.Seguen existindo empregos para homes e empregos para mulleres; salarios para homes e salarios para mulleres.
Por moito que se diga que se aumentou enormemente a incorporación das mulleres no mercado laboral, o certo é que éste segue segregado como nos comezos do Século XX.
Séguese aprezando como a taxa de actividade das mulleres varía ao londo do ciclo vital de xeito moi acusado. A máxima actividade das mulleres correspóndese ao período vital anterior á maternidade, mentres que as mulleres maiores de 50-55 anos son o reflexo dunha época de baixa inserción laboral.
Por outra banda tamén é significativo, que a día de hoxe en Galicia, a maioría dos contratos a tempo parcial son suscriptos con mulleres, por non falar tamén do traballo non retribuído.
Según diversos estudos se o traballo non remunerado das mulleres se incluíra no PIB, outorgándolle a cada hora de traballo o valor medio do traballo remunerado, o PIB aumentaría máis dun 90%.
Neste sentido, é acaído recordar que é preciso que mulleres e homes compartan de xeito igualitario as responsabilidades polo traballo non remunerado.

Situación das Mulleres Galegas
Segundo os datos de Xaneiro de 2010 da propia Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia hoxe hai 231.628 paradas e parados dos que máis da metade (124.015) son mulleres. Destas cifras globais de desempregados case un 25% son menores de 30 anos (54.100) e as mozas somos unha porción moi destacabel.
Por outro lado,a famosa crise tamén está a provocar un deterioro nas xa de por si negativas condicións laborais das mulleres.
As condicións laborais entre mozas e mozos siguen sen ser as mesmas que fai varias décadas: tanto a nivel salarial, pois o salario medio das mozas e case 200 € inferior ao dos mozos que desempeñan un traballo de igual valor, como a nivel contratual, pois na maior parte dos casos situámonos en postos de traballo por obra e servizo ou de carácter temporal (que ingresan de media un 35% menos que os contratos indefinidos).
Por outra banda, outro dato significativo, é que as mozas galegas chegamos a dobrar en número aos homes parados en búsqueda do primeiro emprego.
Datos todos estes, que poñen de manifesto a necesidade de traballar intensamente na procura da corrección destes desaxustes, que evidencian que a día de hoxe a igualdade está moi lonxe de ser real.

Antes de finalizar, gustaríame lembrar a figura de Rosalía de Castro, na que este ano se cumpren 125 anos do seu pasamento e que sen dúbidas, constituíu un dos máximos expoñentes no feminismo da Galicia do Séxulo XIX.
Rosalía, como fundadora da literatura galega moderna, centrou moitos dos seus versos na denuncia das condicións das mulleres galegas máis humildes.Neste poema podemos ver un exemplo.


Rosalía de Castro(CANTARES GALLEGOS)
-Falás como un abogado,
e calquera pensaría
que deprendestes nos libros
tan váreas palabrerías,
todiñas tan ben faladas,
todiñas tan entendidas;
e tal medo me puñeches
que xa de aquí non saíra
sin levar santos-escritos
e medalliñas benditas
nun lado do meu xustillo,
xunto dunha negra figa,
que me librasen das meigas
e máis das lurpias dañinas.
-Que te libren de ti mesma,
pídelle a Dios, rapariga,
que somos nós para nós
as lurpias máis enemigas.
Mais xa vén a noite vindo
co seu manto de estreliñas;
xa recolleron o gando
que pastaba na cortiña;
xa lonxe as campanas tocan,
tocan as Ave-Marías;
cada conexo ó seu tobo,
lixeiro, lixeiro tira,
que é mal compañeiro a noite
si a compañeiro se obriga.
Mais, ¡ai!, que eu non teño tobo
nin burata conocida,
nin tellado que me cruba
dos ventos da noite fría.
¡Que vida a dos probes, nena!
¡Que vida! ¡Que amarga vida!
Mais Noso Señor foi probe,
¡que esto de alivio nos sirva!

¿realmente mudou a visión da muller retratada por Rosalía?
En conclusión, o que se pode observar nesta breve análise tras as orixes do 8 de marzo é que tras un longo percorrido de case 100 anos as nosas reivindicacións seguen a ser as mesmas: igualdade nas condicións laborais, no acceso aos postos de traballo, na búsqueda de melloras salariais etc..

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Alumna de filosofía do dereito

Lendo o artigo de Nicole Pérez teño que dicir que estou totalmente de acordo con ela porque só con mirar ó redor daste conta de que por máis anos que pasen a vida da muller non mellora moito. As reivindicacións sempre son as mesmas e mentres as persoas non cambien e non cambie a educación non cambiará a sociedade co cal as mulleres seguiremos agardando polo respeto que non temos e que moitas veces nos merecemos. Porque as mulleres da igual que sexan ricas e pobres sempre son mulleres e para elas sempre hai uns xuizos e normas morais especiais que a sociedade mesma lle otorga.

Angel Rodríguez dijo...

Excelente artigo de Nicole dun tema crucial que desagraciadamente segue sendo actualidade en moitos países do mundo.

Hoxe en España xa non hai polo menos de forma lexislada, unha discriminación da muller, aínda que sí seguen existindo conductas e feitos discriminatorios.

Fai uns días escoitei unha conferencia sobre este mesmo tema e sorprendeume moito que a poñente, unha especialista do tema, nun discurso un tanto confuso, culpaba constantemente á sociedade de ser machista e de discriminar á muller ó longo do tempo... pero en ningún caso fixo unha soa referencia á relixión, verdadeira fonte de discriminación da muller.

Non se pode botar toda a culpa á sociedade sen lembrar tamén a actitude discriminatoria das propias relixións, especialmente a Católica, e na época da dictadura. Pero claro, facer nunha conferencia pública unha crítica á Igrexa Católica, esixe "mollarse". Precisamente nestes días, a Igrexa moviliza ás súas organizacións para protestar pola lei do aborto, unha lei que non obriga a ningunha muller a abortar, pero que lle da certos dereitos (que tamén existen nos países da UE). Máis que o aborto, o que lles molesta a estas persoas é a existencia dun dereito para a muller, acostumados como estaban a que as mulleres non pintaban nada na sociedade e que, ata fai pouco, precisaban o permiso do pai o do marido para case todo.

Por último decir que o pronóstico da situación da muller, polo menos no noso país, e nos países avanzados, é moi bo: á vista de todos está que as aulas están repletas de mulleres, que elas estudian máis, saben máis e traballan máis que os seus colegas varóns. Logo opositarán, exercerán a súa carreira e chegarán a ter unha posición laboral excelente. Ese e o futuro a corto e medio plazo da muller española e é a realidad que xa estamos a ver.

Nun recente informe que lin sobre matrimonios en EE.UU, a persona con maior capacidade económica da nova parella era precisamente a muller na maior parte dos casos.

http://www.abc.es/hemeroteca/historico-22-02-2010/abc/Sociedad/el-matrimonio-en-estados-unidos-mas-rentable-que-nunca-para-los-hombres_1133956116452.html


Acabouse polo tanto esa recomendación de "casar cun bo partido" para a muller, porque a muller xa nestes momentos, goza en moitos casos, e así pasa en EE.UU, dunha superioridade económica evidente.


O problema que se vai a producir, e remato, é que as mulleres van a ter un nivel económico, cultural e social tan alto, que como é lóxico van a evolucionar cara unha maior esixencia respecto ós temas sentimentais. Producirase a formación de importantes bolsas de mulleres solteiras con un nivel económico medio-alto, que se resisten a establecer unha familia e a ter fillos porque non queren renunciar á sua ben merecida libertade a cambio das cargas do matrimonio e da maternidade.

Por outra banda, formarase unha bolsa de solteiros que sendo homes normais sen especiais problemas, non chegan ó nivel de esixencia da xeración de mulleres da súa mesma idade que en moitos casos terán millores postos de traballo e ingresos.

O que ven, xa está aquí, é unha xeración de "supermulleres". Ídevos preparando xD.

Angel R.E (TEDH 09/10)